16,00 €
Hay existencias
Hai máis de trinta anos, Adela Turín comezou a publicar en Italia a colección «Dalla parte delle bambine», que ao pouco tempo foi editada en España por Esther Tusquets co título «A favor de las niñas». Converteuse axiña nunha serie de referencia para a coeducación e para a igualdade, e foi traducida a varias linguas. A pesar do tempo transcorrido, na actualidade estes libros teñen plena vixencia e seguen sendo necesarios. Bonobos e bonobas tiñan un estatus moi desigual na fraga onde vivían todos xuntos. Eles comían o que elas recolectaban;eles viaxaban, aprendían e modernizábanse pero non aceptaban que elas tamén evolucionaran e burlábanse do seu aspecto. Tiñan a errónea teoría de que a educación e o progreso do grupo enteiro era prexudicial;ata que as bonobas cansaron de aturar ese comportamento tan egoísta.
No se ha encontrado
de este producto
ninguna recomendación
Calle Maestro Aguilar 13, bajo
46006, Valencia
962 06 66 08
hola[arroba]papeleriaruzafa.com
PAPELERIARUZAFA.COM Todos los derechos reservados